Tocantins
Himno | Hino do Tocantins (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Río Tocantins | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Rexións | Rexión Norte do Brasil | ||||
Capital | Palmas | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.550.194 (2017) (5,57 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Língua krahô (pt) Língua avá-canoeira (pt) Língua apinajé (pt) Língua carajá (pt) Xerénte (en) Língua tapirapé (pt) Tocantins Asurini (en) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 278.420,7 km² | ||||
Altitude | 525 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1988 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | secretariado do governo do Tocantins (pt) | ||||
• Governador (pt) | Mauro Carlesse (pt) (2018–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Legislativa do Tocantins (pt) , (Escano: 24) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | BR-TO | ||||
Páxina web | portal.to.gov.br |
Tocantins é un Estado brasileiro situado ao sueste da Rexión Norte. Ten como límites os Estados do Maranhão ao norte e nordeste, Piauí e Baía ao leste, Goiás ao sur, Mato Groso ao suroeste e Pará ao noroeste. As cidades máis poboadas son Araguaína, Gurupi, Porto Nacional e Palmas, a capital.
Historia
[editar | editar a fonte]A poboación orixinaria estaba constituída polos grupos apinagé, carajá, xerente, krahô e outros. Os primeiros brancos en aparecer pola rexión foron os misioneiros xesuítas en 1625 coa finalidade de converter ao cristianismo á poboación indíxena que pouco a pouco se foi convertendo en minoritaria fronte aos brancos, negros e mestizos.
Integrado no estado de Goiás, as primeiras ideas de autonomía para a rexión do actual estado do Tocantins xurdiron no século XIX. En 1821 Joaquim Teotônio Segurado declarou un goberno autónomo na rexión, pero o movemento foi reprimido. Soamente no século XX, máis exactamente en 1950, foi retomada a idea. Durante a década de 1970 propúxose no Congreso Nacional a creación do estado que chegou a se aprobar, pero o proxecto foi vetado polo presidente José Sarney. O estado creouse finalmente coa promulgación da constitución de 1988.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía ten por base o comercio e a agricultura (soia, arroz, millo, feixón, cana de azucre), a gandería e cría de aves. As principais riquezas de exportación son o gando de corte e a soia. A industria é relativamente pouco importante en termos de exportación (téxtiles, alimentos, minerais non metálicos, química, construción civil, son as principais). O estado tamén ten reservas minerais de ouro e calcario, e extracción vexetal de palma de babasú.
Turismo
[editar | editar a fonte]O turismo ten potencial na rexión de paisaxes naturais do Jalapão, e nos seus ríos, como o río Araguaia e o río Tocantins, pero é moi pouco divulgado no propio Brasil, e menos aínda no exterior.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tocantins |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 01 de outubro de 2012 en Wayback Machine.