Tom e Jerry
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Tom e Jerry | |
---|---|
Escrito por | William Hanna (1940–58) Joseph Barbera (1940–58) Gene Deitch (1961–62) Eli Bauer (1961–62) Larz Bourne (1961–62) Michael Maltese (1963–67) Jim Pabian (1965) Bob Ogle (1966–67) John W. Dunn (1965–67) |
Dirixido por | William Hanna (1940–58) Joseph Barbera (1940–58) Gene Deitch (1961–62) Chuck Jones (1963–67) Maurice Noble (1964–67) Abe Levitow (1965–67) Tom Ray (1966–67) Ben Washam (1966–67) |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Produción | |
Produtor(es) | Rudolf Ising (1940) Fred Quimby (1940–55) William Hanna (1955–58) Joseph Barbera (1955–58) William L. Snyder (1961–62) Chuck Jones (1963–67) Walter Bien (1963–65) Les Goldman (1963–67) Earl Jonas (1965–67) |
Duración | 6 - 10 minutos |
Emisión orixinal | |
Primeiro episodio | 10 de febreiro de 1940 |
Derradeiro episodio | 8 de setembro de 1967 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A serie de debuxos animados Tom e Jerry foi creada por Hanna-Barbera para a Metro-Goldwyn-Mayer nos anos 40.
Cronoloxía
[editar | editar a fonte]Creada no 1940 por Hanna e Barbera para a Metro-Goldwyn-Mayer. Os seus creadores escribiron e dirixiron case 114 episodios entre os anos 1940 e 1957. A serie orixinal é coñecida por gañar sete veces o premio da Academia para películas curtas animadas, competindo coa Silly Simphonies de Walt Disney como serie animada con máis Oscar. Esta coñecida serie con público de todas as idades, foi nomeada no ano 2000 pola revista Time coma unha das mellores series de todos os tempos. Comezou no 1960, rematou no 1967; facendo un total de 161 curtas. Reapareceron cos estudios Hanna-Barbera nos anos 70; sendo a curta máis recente The Karate Guard, do 27 de setembro do 2005. Polo de agora Time Warner ten os dereitos da serie. En febreiro de 2010, a serie celebrou o seu 70º aniversario, lanzando unha colección DVD de 30 curtas.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A serie xira en torno a loitas cómicas entre un par de inimigos típicos: un gato (Tom) e un rato (Jerry). Os argumentos das curtas adoitan centrarse nos intentos de Tom por atrapar a Jerry, que rematan normalmente en desorde e destrución. Poucas veces Tom atrapa a Jerry, principalmente pola intelixencia de Jerry, as súas habilidades e a sorte. Moitos dos títulos mostran a Tom e a Jerry sorríndose, o que parece representar unha relación amor-odio, máis que unha extrema animadversión entre eles. De feito, hai algunhas escenas nas que mostran verdadeira amizade e interese polo benestar do outro. Nas súas pelexas é común ver os típicos "gags" do veleno, explosivos, trampas etc. a pesar da súa violencia, raras veces se ve sangue na serie orixinal.
Música
[editar | editar a fonte]A música xoga un papel moi importante, destacando a acción, axudando aos efectos de son e dando emoción ás escenas, xa que os personaxes apenas falan.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Tom é un gato doméstico, de pelaxe curta azul e branca. É o protagonista da historia, leva unha vida regalada; aínda que adoita vivir distintos tipos de vida; mentres que Jerry é un rato marrón, que sempre vive preto del e é o detonante da historia. A primeira vez que apareceron foi na curta "Puss Gets the Boot". Os esforzos de Tom adoitan ter por obxectivo humillar a Jerry, máis que matalo, pero case nunca o consegue. Por iso adoita saír Jerry coma vencedor, e Tom, coma perdedor. Hai outro personaxe, Spike, un bulldog gardián, que ten un fillo chamado Tyke. O seu rol na serie sempre é parecido: está intentando facer algo, cando o interrompen Tom e Jerry. El enfádase e castiga a Tom coa axuda do seu fillo. Butch é outro personaxe. É un gato negro que tamén quere atrapar a Jerry, polo que adoita rivalizar con Tom. Case sempre fala máis que Tom e Jerry.