Tripla Alianza (1882)
Este artigo refírese á Tripla Alianza de 1882; para a de 1717, véxase Tripla Alianza (1717)
A Tripla Alianza foi un pacto entre Alemaña, o Imperio Austrohúngaro e Italia acadado o 20 de maio de 1882.
Historia
[editar | editar a fonte]A Tripla Alianza foi promovida por Otto von Bismarck trala vitoria na guerra franco-prusiana para buscar o illamento de Francia, sabendo que esta nación tiña a intención de recuperar Alsacia e Lorena. Alemaña reafirmou a súa alianza co Imperio Austrohúngaro, receoso de Rusia (aliada de Francia), tralo Tratado de Berlín (1878), polo que Austria-Hungría pasaba a ter a hexemonía nos Balcáns. Despois Alemaña buscou a aproximación a Italia, resentida con Francia, ao ocupar esta Tunisia fronte as aspiracións italianas.
Porén, esta alianza tiña un punto feble: a hostilidade de Italia contra Austria-Hungría, debida aos italianos irredentos de Trento, Trieste, Istria e Dalmacia.