Saltar ao contido

Victor David Brenner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVictor David Brenner

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1871 Editar o valor en Wikidata
Šiauliai, Lituania (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte5 de abril de 1924 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMount Judah Cemetery (en) Traducir, Section 1, Block Q-04, Gate 4, Path M05, Grave #232 Editar o valor en Wikidata
Outros nomesBrenner, Victor David
Breneris‏, Viktoras Deividas Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Julian (pt) Traducir
Cooper Union (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París (1898–1901)
Nova York (1890–1898)
Nova York Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescultor, medallista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1898 Editar o valor en Wikidata - 1924 Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAmerican Jewish Year Book 1905 (en) Traducir, (p.69-70) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Brenner-867 Find a Grave: 10075994 Editar o valor en Wikidata

Victor David Brenner (chamado orixinalmente Avigdor David Brenner),[1] nado en Šiauliai, Lituania, o 12 de xuño de 1871 e finado en Queens, Nova York, o 5 de abril de 1924, foi un escultor, diseñador e gravador de medallas e de moedas estadounidense de orixe lituana, coñecido por ser o autor da moeda dun centavo de dólar Lincoln.

Brenner acadou a nacionalidade estadounidense o 27 de abril de 1896.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Victor David Brenner naceu o 12 de xuño de 1871 na vila de Šiauliai, na parte do Imperio Ruso correspondente á actual Lituania,[3] nunha familia xudía, fillo de Sarah Margolis e de George Brenner. O seu avó era ferreiro e o seu pai un experto na talla ornamental e no gravado.[2]

Desde os 13 anos, Brenner comezou a formarse no oficio do seu pai, ata que en 1890, aos seus 19 anos, emigrou cara a América e asentouse en Nova York.[4] Alí comezou a traballar como gravador de selos e de xemas, e continuou a súa formación asistindo ás clases nocturnas na Cooper Union.[2][5]

En Nova York comezou tamén a afección á numismática de Brenner, quen en 1894 se afiliou á American Numismatic and Archaeological Society e en 1902 á American Numismatic Association.[1][4]

Carreira como gravador

[editar | editar a fonte]
Victor David Brener no seu estudio en 1909, cun modelo en xeso do seu centavo Lincoln.[5]

En 1899, oito anos despois da súa chegada a América, cando deu aforrado o suficiente, marchou a París para perfeccionar os seus coñecementos no gravado artístico dos metais da man de —entre outros— Louis Oscar Roty,[4] na Académie Julian. Nesa cidade comezou a expor a súa obra e acadou os seus primeiros premios na Exposición Universal de París de 1900.[2][5]

Á súa volta a Nova York a súa carreira comezou a prosperar, ata o punto de que o presidente Theodore Roosvelt visitou o seu estudio para posar para unha medalla encargada a Brenner sobre a Canle de Panamá. Durante esa visita, o presidente quedou abraiado cunha plaqueta de Breener que representaba o busto de Abraham Lincoln, e ese foi o xerme da posterior encarga da obra máis representativa do gravador: o centavo Lincoln.[2][6]

Brenner morreu en Nova York o 5 de abril de 1924 en Nova York, e o seu corpo foi soterrado no cemiterio Mount Judah, en Ridgewood, Queens.[3]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

O centavo Lincoln

[editar | editar a fonte]
Moeda dun centavo Lincoln de 1909 da Ceca de San Francisco, coas iniciais VDB no exergo do reverso.[8]

A obra pola que Brenner é máis recoñecido é o centavo Lincoln. Brenner convertérase nun dos principais medallistas do país e o presidente Roosevelt, que coñecía o seu talento, quería dedicarlle unha moeda a Lincoln co busto que vira na plaqueta de bronce do seu estudio,[1] baseada na fotografía de Mathew Brady, un fotógrafo de principios da Guerra Civil.[6]

Así as cousas, Roosevelt ordenou que se emitise unha nova moeda dun centavo baseada na obra de Brenner, para conmemorar o centenario de Lincoln en 1909. No seu primeiro ano de emisión, incorporáronse no exergo do reverso as iniciais de Brenner (V.D.B.), mais ao pouco tempo retiráronse, por considerárse demasiado prominentes, e en 1918 foron recuparadas, esta vez no truncamento do ombreiro do anverso.[1][6][9][10]

Outros traballos

[editar | editar a fonte]
Placa de bronce elaborada por (1907), co busto de Abraham Lincoln.[11]

Entre a restante produción artística de Victor Brenner pódense salientar as seguintes obras:[4][5]

  • Medalla de Muhlenberg (1896), emitida pola American Numismatic and Archaeological Society).[12]
  • Medalla de Muhlenberg Medal (1896), emitida pola American Numismatic and Archaeological Society).[13]
  • Plaqueta co retrato de Fridtjof Nansen (1897).[14]
  • Medallón co retrato de Clovis Delacour (1899).[15]
  • Medallón co retrato de J. Sanford Saltus (1900).[16]
  • Selo da Biblioteca Pública de Nova York (1903).[17]
  • Medallón co retrato do Príncipe Henrique de Prusia (1902).[18]
  • Plaqueta co retrato de John Paul Jones (1906).[19]
  • Plaqueta co retrato de Abraham Lincoln (1907).[11]
  • Plaqueta co retrato de Katrina Trask (1907).[20]
  • Escultura do busto de Charles Eliot Norton (1907).[21]
  • Plaqueta co retrato de Carl Schurz (1908).[22]
  • Escultura monumental A Song to Nature (1918), na praza Schenley, da Universidade de Pittsburgh.[23]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 McMorrow-Hernandez, J. (2020). "Victor David Brenner & His Lincoln Cent". Professional Coin Grading Services (PCGS).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Baranauskas, E. W. (2000).
  3. 3,0 3,1 "Victor David Brenner". Findagrave.com
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Forrer, L. (1904). Páxina 277.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "The Lincoln Cent and his Maker". En Harper's Weekly. Vol. 53. 21 de agosto de 1909. Páxina 24.
  6. 6,0 6,1 6,2 Margolick, D. (2007). "Penny Foolish". En The New York Times. 11 de febreiro.
  7. "The Saltus Medal Award". American Numismatic Society.
  8. "1 Cent "Lincoln - Wheat Ears Reverse"". Numista.com
  9. "The Lincoln Cent and his Maker". En Harper's Weekly. Vol. 53. 21 de agosto de 1909. Páxina 24.
  10. "Coin Designer Profiles: Victor David Brenner". En Coin Week. 4 de agosto de 2015.
  11. 11,0 11,1 "Abraham Lincoln 1907". Metropolitan Museum of Art.
  12. "The William Augustus Muhlenberg Medal 1896". Metropolitan Museum of Art.
  13. "The William Augustus Muhlenberg Medal 1896". Metropolitan Museum of Art.
  14. "Fridtjof Nansen 1897". Metropolitan Museum of Art.
  15. "Clovis Delacour 1899". Metropolitan Museum of Art.
  16. "J. Sanfor Saltus 1900". Metropolitan Museum of Art.
  17. "Hahlo-2, The New York Public Library Seal". American Numismatic Society.
  18. "Prince Henry of Prussia 1902". Metropolitan Museum of Art.
  19. "John Paul Jones 1906". Metropolitan Museum of Art.
  20. "Katrina Trask 1907". Metropolitan Museum of Art.
  21. "Object Number 1907.3". Harvard Art Museums.
  22. "Carl Schurz 1907". Metropolitan Museum of Art.
  23. "A Song of Nature, by Victor David Brnner 1918". University of Pittsburg.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]