Volkswagen Polo
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Polo.
Volkswagen Polo | |
Fabricante | Volkswagen |
País | Alemaña |
Produción | 1975–presente |
Configuración | |
Segmento | Segmento B |
Configuración | Motor dianteiro, tracción dianteira |
O Volkswagen Polo, coñecido tamén por Polo, é un automóbil de turismo do segmento B producido polo fabricante alemán de automóbiles Volkswagen.
É un cinco prazas con motor dianteiro transversal e tracción dianteira, que ten como principais rivais no mercado o Fiat Punto, o Ford Fiesta, o Renault Clio e o SEAT Ibiza.
O Polo leva xa cinco xeracións, lanzadas nos anos 1975, 1981, 1994, 2001 e 2009, respectivamente; as catro primeiras foron reestilizadas en 1979, 1990, 1999 e 2005.
O Polo existiu con carrocerías hatchback de tres e cinco portas, sedán de dúas e catro portas e familiar de cinco portas.
Actualmente este modelo fabrícase nas plantas de Pamplona (España), Shanghai (China), Uitenhage (Suráfrica), Pune (India) e Kaluga (Rusia).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Volkswagen Polo |
- Sitio web oficial de Volkswagen Alemaña - Datos técnicos do Volkswagen Polo 05.03.2008 (en alemán)
- Sitio web oficial de España do Volkswagen Polo (en castelán)
- Sitio web oficial internacional do Volkswagen Polo (en inglés)
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|