Saltar ao contido

Volkswagen Race Touareg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Volkswagen Race Touareg

Matriz Grupo Volkswagen
Fabricante Volkswagen
País Alemaña Alemaña
Período 2004[1] - actualidade
Configuración
Tipo Automóbil todo terreo
Dimensións
Lonxitude 4170 mm[2]
Anchura 1990 mm
Altura 1760 mm
Distancia eixes 2820 mm
Peso 1750 kg
Características técnicas
Motor Diésel, 5 cilindros en liña 2.5 TDI, 310 CV (versión 2011)[3]
Modelos relacionados
Antecesor Volkswagen Tarek[4]


O Volkswagen Race Touareg é un automóbil prototipo deseñado para a competición off-road, que mantén o nome do SUV de serie Touareg. Debutou no Rally Dakar de 2004. Anteriormente VW competira cos buggys de tracción traseira Volkswagen Tarek. O prototipo do Race Touareg foi deseñado para comptir na categoría T2 por Volkswagen Motorsport. Bruno Saby, o piloto, acadou a sexta posición no Dakar de 2004. Ao ano seguinte, Jutta Kleinschmidt obtivo a terceira posición.

No 2006, o surafricano Giniel de Villiers quedou segundo na proba, a posición máis alta acadada por un cohce diésel na competición. A súa primeira vitoria veu con Carlos Sainz no Rally de Europa Central de 2008. Finalmente, no rally de 2009, Volkswagen obtivo a vitoria con Giniel de Villiers e o seu copiloto Dirk von Zitzewitz.

Diésel
Motor Ano Potencia
2.3 TDI 2004 231 CV
2.5 TDI 2005 260 CV
2.5 TDI 2006 275 CV
2.5 TDI 2007 285 CV

Resultados no Dakar

[editar | editar a fonte]
Ano Posto(s) Piloto(s) Copiloto(s)
2011 Qatar Nasser Al-Attiyah Alemaña Timo Gottschalk
Giniel de Villiers Alemaña Dirk Von Zitzewitz
España Carlos Sainz España Lucas Cruz
2010 España Carlos Sainz España Lucas Cruz
Qatar Nasser Al-Attiyah Alemaña Timo Gottschalk
Mark Miller Ralph Pitchford
Giniel de Villiers Alemaña Dirk von Zitzewitz
2009 Giniel de Villiers Alemaña Dirk von Zitzewitz
Mark Miller Ralph Pitchford
2007 Portugal Carlos Sousa Alemaña Andreas Schulz
España Carlos Sainz Francia Michel Perin
2006 Giniel de Villiers Tina Thörner
2005 Alemaña Jutta Kleinschmidt Italia Fabrizia Pons
  1. Volkswagen Race Touareg T2, accedido o 13 de xaneiro de 2011, (en inglés).
  2. "Características Race Touareg", accedido o 13 de xaneiro de 2011, (en castelán).
  3. Volkswagen "Race Touareg 3: no hay dos sin tres", en elmundo.es, accedido o 13 de xaneiro de 2011, (en castelán).
  4. Foi o modelo empregado anteriormente por Volkswagen para competir en carreiras fóra de estradas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]