Saltar ao contido

Wizz Air

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wizz Air
IATA
W6
OACI
WZZ
Indicativo
WIZZ AIR
Fundación
Inicio das operacións2003
Aeroporto principalAeroporto Internacional de Katowice
Aeroporto Internacional de Budapest Ferihegy
Frota179 (incluíndo subsidiarias)[1]
Destinos194 (June 2023)[2]
Eslogan da compañíaWe can all fly now
Sede
DirixentesJózsef Váradi
Páxina web: http://www.wizzair.com

Wizz Air é unha aeroliña de baixo custo húngara[3] con sede en Vecsés, Hungría, e con presenza na súa meirande parte nos países do leste de Europa. Os seus aeroportos principais son o Aeroporto Internacional de Katowice, Aeroporto de Varsovia-Frédéric Chopin, Aeroporto de Gdańsk-Lech Wałęsa en Polonia, Aeroporto de Sofía en Bulgaria, Aeroporto de Bucarest-Băneasa en Romanía, Aeroporto Internacional de Budapest Ferihegy (a maior base) en Hungría e outros.

A súa frota componse de 37 avións Airbus A320-232.[4]

A aeroliña Wizz Air foi fundada en setembro do ano 2003. O seu principal accionista é Indigo Partners, unha empresa de fondos de investimento estadounidense adicada ao mercado do transporte[5] . A aeroliña comezou a súa actividade o 19 de maio de 2004 dende Katowice, 19 días após a admisión de Polonia e Hungría coma membros integrantes de Unión Europea.

József Váradi, Director Executivo de Wizz Air, gañou o premio Ernst & Young ao "Brave Innovator" (o innovador máis ousado) no ano 2007.

No verán de 2008, Wizz Air pasou a ser a primeira compañía de baixo custo de Ucraína, por diante de Ryanair.

No 2011 Wizz Air manexou 11 millóns de pasaxeiros (un 15% máis ca no ano 2010), dos cales 4,2 millóns corresponderan a rutas polacas. Nos últimos tempos, Wizz Air deu por frear o desenvolvemento das súas conexións en Polonia para expandir a súa presenza cara a outros países, abrindo novas bases na República Checa, Bulgaria, Macedonia do Norte, Romanía, Lituania e Serbia. Porén, Polonia segue a ser o principal centro de mercado da aeroliña.[6]

Airbus A320-200 con rexistro búlgaro engala no aeroporto Luton de Londres.

En novembro de 2014 a frota de Wizz Air estaba formada polos seguintes avións:[7]

Frota de Wizz Air
Avión En servizo Pedidos Opcións Almacenados Pasaxeiros Notas
Airbus A320-232 52 34 0 0 Y180
Airbus A321-231 0 26 0 0 Y220 Entregas en 2016
Total
52
60
0
0
  1. "General Information". Wizz Air. Consultado o 16 June 2023. 
  2. "Investor Relations Overview". Wizz Air. Consultado o 9 November 2022. 
  3. wizzair.com
  4. Wizz Air. The Book 2010-2011 (en inglés) (Airfleets.net). p. 149. 
  5. "Ryanair meets Wizz Air: does a merger make sense?". 08-07-2009. Arquivado dende o orixinal o 15-07-2009. Consultado o 28-07-2009. 
  6. "Wizz Air: 15% wzrost, w Polsce tylko 2%". Consultado o 2011-01-07. 
  7. Planespotters (ed.). "Frota de Wizz Air". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2017. Consultado o 4 de xaneiro de 2015.