Saltar ao contido

Woodsiaceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Woodsiaceae (woodsiáceas)

Órganos e ciclo de vida dun fento típico.
Órganos e ciclo de vida dun fento típico.

Clasificación científica
Reino: Plantae
Clase: Polypodiopsida
Orde: Polypodiales
Familia: Woodsiaceae
genera

Segundo Christenhusz et al. 2011[1][2][3] (baseada en Smith et al. 2006,[4] 2008);[5] que tamén prové unha secuencia lineal das licófitas e monilófitas.

Véxase Pteridophyta para unha introdución ás plantas vasculares sen semente

Woodsiaceae (as woodsiáceas) é unha familia de fentos da orde Polypodiales, que na moderna clasificación de Christenhusz et al. 2011[1][2][3] clasifícase diferente que no seu predecesor sistema de Smith et al. (2006).[4]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]
Introdución teórica en Taxonomía

A clasificación máis actualizada é a de Christenhusz et al. 2011[1][2][3] (baseada en Smith et al. 2006, 2008); que tamén prové unha secuencia lineal das licofitas e monilofitas.[4][5]

  • Familia 36. Woodsiaceae Herter, Rev. Sudamer. Bot. 9: 14 (1949).
1–3 xéneros (Cheilanthopsis, Hymenocystis, Woodsia).
Notas: Woodsiaceae en Smith et al. 2006 incluía a Athyriaceae e Diplaziopsidaceae. A familia aquí é definida no seu sentido máis estrito, incluíndo só a Woodsia e dous xéneros altamente relacionados que, á espera de máis evidencia, quizais terminen sendo unidos a Woodsia no futuro. As liñaxes de Athyriaceae, Cystopteridaceae, Diplaziopsidaceae e Rhachidosoraceae están consistentemente segregados en todas as análises, independentemente da mostraxe. Aínda que as relacións entre estes grupos non sempre quedan resoltas, estas liñaxes non poden ser unidas a outras máis grandes. Por iso son tratados en familias separadas.

Clasificación sensu Smith et al. 2006

[editar | editar a fonte]

Localización taxonómica:

Plantae (clado), Viridiplantae, Streptophyta, Streptophytina, Embryophyta, Tracheophyta, Euphyllophyta, Monilophyta, Clase Polypodiopsida, Orde Polypodiales, Familia Woodsiaceae.

Sinónimos: Athyrioides, fentos femia, fentas.

Incluíndo Athyriaceae, Cystopteridaceae

Preto de 15 xéneros definidos por Smith et al. 2006, un 85 % das especies pertence aos dous xéneros principais, Athyrium e Diplazium, os dous probabelmente son parafiléticos.

  • Athyrium (probabelmente parafilético, Wang et al. 2003)
  • Diplazium (incl. Callipteris, Monomelangium. Probabelmente parafilético, Wang et al. 2003)
  • Acystopteris
  • Anisocampium
  • Athyrium
  • Cornopteris
  • Cystopteris
  • Deparia
  • Diplaziopsis
  • Diplazium
  • Gymnocarpium
  • Hypodematium
  • Pentarhizidium
  • Rhachidosorus
  • Woodsia

Preto de 700 especies.

Filoxenia

[editar | editar a fonte]
Introdución teórica en Filoxenia

Como está delimitado en Smith et al. 2006, Woodsiaceae pode ser parafilético a Aspleniaceae, (Blechnaceae + Onocleaceae), e Thelypteridaceae. A maior parte das análises non chega a apoiar nin a parafilia nin a monofilia do grupo (Hasebe et al. 1995, San et al. 2000a, Schneider et al. 2004c). Por mor desta incerteza, máis as bases morfolóxicas que permiten recoñecer a Woodsiaceae como aquí está circunscrita, Smith et al. (2006) creron que era prematuro adoptar a alternativa de erixir (ou resucitar) moitas pequenas familias para albergar a estes xéneros. Nun estudo posterior Schuettpelz e Pryer (2008) confirmaron a parafilia de Woodsiaceae, e suxestionan o seu desmembramento en familias máis pequenas (véxase publicación en notas).

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]

Na súa maior parte terrestres.

Subcosmopolitas.

Caracteres

[editar | editar a fonte]

Coas características de Pteridophyta.

Rizomas rastreiros, ascendentes ou erectos. Escamas nos ápices, usualmente non clatradas, glabras, glandulares ou ciliadas. Pecíolos con dous feixes vasculares que nun corte transversal atópanse cunha forma crecente, enfrontados o un ao outro. Na parte distal estes dous feixes vasculares únense dando como resultado unha forma de sumidoiro ("gutter-shape") no corte transversal.

Follas monomórficas, raramente dimórficas. Veas pinadas ou bifurcadas, ceibes, pouco comunmente anastomosándose e entón sen veíñas inclusas.

Soros abaxiais, redondos, con forma de J, ou lineais con indusio reniforme a lineal ou sen indusio.

Esporas reniformes, monolete, perina alada, con cristas ou espiños.

Número de cromosomas: na súa maior parte x = 40, 41. Tamén x = 31 (Hemidictyum), x = 33, 38, 39 (Woodsia), e x = 42 (Cystopteris).

  • Pryer, Kathleen M., Harald Schneider, Alan R. Smith, Raymond Cranfill, Paul G. Wolf, Jeffrey S. Hunt e Sedonia D. Sipes. 2001. "Horsetails and ferns are a monophyletic group and the closest living relatives to seed plants". Nature 409: 618-622 (resumo en inglés aquí).
  • Pryer, Kathleen M., Eric Schuettpelz, Paul G. Wolf, Harald Schneider, Alan R. Smith e Raymond Cranfill. 2004. "Phylogeny and evolution of ferns (monilophytes) with a focus on the early leptosporangiate divergences". American Journal of Botany 91:1582-1598 (resumo en inglés aquí Arquivado 26 de agosto de 2010 en Wayback Machine.).
  • A. R. Smith, K. M. Pryer, E. Schuettpelz, P. Korall, H. Schneider, P. G. Wolf. 2006. "A classification for extant ferns". Taxon 55(3), 705-731 (pdf aquí)
  • Schuettpelz, E. e K. M. Pryer. 2008. Fern phylogeny inferred from 400 leptosporangiate species and three plastid xenes. Taxon 56(4): 1037-1050 (pdf aquí)

Notas citadas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 Christenhusz et al. 2011.
  2. 2,0 2,1 2,2 Preface to “Linear sequence, classification, synonymy, and bibliography of vascular plants: Lycophytes, ferns, gymnosperms and angiosperms” pdf
  3. 3,0 3,1 3,2 Corrections to Phytotaxa 19: Linear sequence of lycophytes and ferns pdf
  4. 4,0 4,1 4,2 A. R. Smith, K. M. Pryer, E. Schuettpelz, P. Korall, H. Schneider, P. G. Wolf. 2006.
  5. 5,0 5,1 Smith, A.R., Pryer, K.M., Schuettpelz, E., Korall, P., Schneider, H., & Wolf, P.G. (2008) Fern classification, pp. 417–467 en: Ranker, T.A., & Haufler, C.H. (eds.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  • Fento
  • Para unha descrición básica de morfoloxía e anatomía dos fentos véxase Pteridophyta.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • P. F. Stevens, 2001 en diante, Angiosperm Phylogeny Website. Versión 9, xuño do 2008, e actualizado desde entón. http://www.mobot.org/MOBOT/research/APweb/
  • Pryer's lab cos pdfs das publicacións da autora.