George E. Smith
(2009) | |
Nome orixinal | (en) George Elwood Smith |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de maio de 1930 (94 anos) White Plains, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Universidade de Chicago - Doutor en filosofía (–1959) Universidade de Pensilvania - graduado en ciencias (–1955) |
Actividade | |
Campo de traballo | Física, compoñente electrónico, retoque fotográfico, historia da tecnoloxía e video technology (en) |
Ocupación | físico, científico, fotógrafo, inventor |
Empregador | Bell Labs |
Membro de | |
Premios | |
|
George Elwood Smith, nado en White Plains, Nova York o 10 de maio de 1930, é un físico estadounidense, coinventor xunto a Willard Boyle do sensor CCD, invención pola cal foron galardoados co Premio Nobel de Física de 2009.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Smith comezou os seus estudos na Universidade de Pensilvania, en 1955, e obtivo o seu doutoramento na Universidade de Chicago en 1959, disertando sobre un guión de só tres páxinas. Traballou nos Laboratorios Bell, en Murray Hill (Nova Jersey), desde 1959, até a súa xubilación en 1986, onde dirixiu investigacións sobre láseres e dispositivos semiconductores. Durante toda a súa carreira, Smith conseguiu ducias de patentes e dirixiu o departamento de VLSI de Bell.
En 1969, Smith e Willard Bayle inventaron o CCD, polo cal recibiron a medalla Stuart Ballantine do instituto Franklin, en 1973. Tamén recibiron o premio Memorial Morris N. Liebmann do IEEE, o premio Charles Stark Draper en 2006, e por último, o premio Nobel de Física en 2009.
Boyle e Smith son grandes navegantes, que realizaban habitualmente travesías xuntos. Despois da súa xubilación, Smith, navegou ó redor do mundo coa súa esposa Janet, durante cinco anos.
Actualmente reside en Waretown, Nova Jersey.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El País (7 de outubro de 2009). "Nobel para os impulsores da fotografía dixital e a fibra óptica". Consultado o 12 de outubro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: George E. Smith |