Saltar ao contido

George E. Smith

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGeorge E. Smith

(2009) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) George Elwood Smith Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de maio de 1930 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
White Plains, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Chicago - Doutor en filosofía (–1959)
Universidade de Pensilvania - graduado en ciencias (–1955) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica, componente eletrônico (pt) Traducir, processamento de imagem (pt) Traducir e historia da tecnoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico , científico , fotógrafo , inventor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorBell Labs (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Premios

George Elwood Smith, nado en White Plains, Nova York o 10 de maio de 1930, é un físico estadounidense, coinventor xunto a Willard Boyle do sensor CCD, invención pola cal foron galardoados co Premio Nobel de Física de 2009.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Smith comezou os seus estudos na Universidade de Pensilvania, en 1955, e obtivo o seu doutoramento na Universidade de Chicago en 1959, disertando sobre un guión de só tres páxinas. Traballou nos Laboratorios Bell, en Murray Hill (Nova Jersey), desde 1959, até a súa xubilación en 1986, onde dirixiu investigacións sobre láseres e dispositivos semiconductores. Durante toda a súa carreira, Smith conseguiu ducias de patentes e dirixiu o departamento de VLSI de Bell.

En 1969, Smith e Willard Bayle inventaron o CCD, polo cal recibiron a medalla Stuart Ballantine do instituto Franklin, en 1973. Tamén recibiron o premio Memorial Morris N. Liebmann do IEEE, o premio Charles Stark Draper en 2006, e por último, o premio Nobel de Física en 2009.

Boyle e Smith son grandes navegantes, que realizaban habitualmente travesías xuntos. Despois da súa xubilación, Smith, navegou ó redor do mundo coa súa esposa Janet, durante cinco anos.

Actualmente reside en Waretown, Nova Jersey.

  1. El País (7 de outubro de 2009). "Nobel para os impulsores da fotografía dixital e a fibra óptica". Consultado o 12 de outubro de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]