Saltar ao contido

Cinabrio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cinabrio
Cinabrio de tonalidade escura
Fórmula químicaHgS
ClaseSulfuros
Sistema cristalinoTrigonal
CorDe vermella a parda
BrilloDe adamantino a terroso
Dureza2,5
FracturaConcoidea
ExfoliaciónPerfecta
RaiaVermella máis clara
Densidade8,1 g/cm3

O cinabrio (tamén chamado cinabarita; do latín cinabar), é un mineral da clase dos sulfuros cuxa fórmula química é HgS (contén un 85% de mercurio e un 15% de xofre). É de cor vermella púrpura, traslúcido, de dureza 2,5 e densidade 8,1 g/cm3.

Aparencia

[editar | editar a fonte]

Na súa forma cristalina o cinabrio presenta un parecido notable co cuarzo na súa simetría e caracteres ópticos. Coma o cuarzo, exhibe unha polarización circular, e Alfred Des Cloizeaux demostrou que posúe quince veces o poder rotativo do cuarzo. Preséntase normalmente nunha masa granular de cristais romboédricos. Raia o xeso e é raiado pola calcita.

Obtención

[editar | editar a fonte]

Fórmase xunto as rochas volcánicas e fontes cálidas.

O cinabrio pódese encontrar en tódolos lugares que producen mercurio especialmente en Almadén (España), Nuevo Almadén (California), Idrija (Eslovenia), Landsberg, preto de Ober-Moschel no Palatinado, Ripa, ó pé dos Alpes, Apuan (Toscana), a montaña Avala (Serbia), a rexión de Huancavelica (Perú) e a provincia de Kweichow na China, de onde foron obtidos moi finos cristais.

Ademais de ser fonte importante de mercurio, é tamén empregado en instrumental científico, aparellos eléctricos e ortodoncia.

Outros sulfuros

[editar | editar a fonte]

Outros sulfuros de importancia son:

A galena, a pirita, a calcopirita, a arsenopirita e a pirrotina.