Lys Assia
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Rosa Mina Schärer 3 de marzo de 1924 Rupperswil, Suíza (pt) |
Morte | 24 de marzo de 2018 (94 anos) Zollikon, Suíza (pt) |
Actividade | |
Ocupación | actriz, cantante, bailarina |
Período de actividade | 1940 - |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Decca Records |
Participou en | |
12 de marzo de 1958 | Festival de Eurovisión 1958 |
3 de marzo de 1957 | Festival de Eurovisión 1957 |
24 de maio de 1956 | Festival de Eurovisión 1956 |
Premios | |
| |
Páxina web | lys-assia.de |
|
Rosa Mina Schärer, nada en Lenzburg (cantón de Argovia) o 3 de marzo de 1924 e finada o 24 de marzo de 2018 en Zürich, foi unha cantante suíza, máis coñecida como Lys Assia. Foi a gañadora do primeiro Festival da Canción de Eurovisión, en 1956.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de Eurovisión
[editar | editar a fonte]O primeiro Festival da Canción de Eurovisión celebrouse en Lugano, Suíza, o 24 de maio de 1956. Ese ano, participaron 7 países, cada un dos cales presentou dúas cancións. Lys encargouse de defender as dúas cancións suízas, unha das cales, "Refrain" ("Estribillo"), alzaríase co triunfo. A outra canción que interpretou foi "Dás alte Karussel" ("O vello carrusel"). Trala súa vitoria, volveu representar a Suíza nas dúas seguintes edicións do festival. En 1957 ocupou o penúltimo lugar con "L'enfant que j'étais" ("A nena que era"), e en 1958 quedou en segundo lugar con "Giorgio".
Aínda que todos coñécena en Europa polo seu paso polo festival, Lys Assia xa era moi coñecida en Alemaña, Austria e o seu Suíza natal antes do evento.
O seu estilo baséase en cancións lentas amor con melodía dos anos 50 e 60. Lys Assia cantou nas principais salas de festas de París, Madrid, Nova York e Buenos Aires. Tivo a oportunidade de cantar para a raíña Isabel II, para o desaparecido rei de Exipto, Faruq, ou para Eva Perón.
Namorou os alemáns coa canción «Eine weiße Hochzeitskutsche» ("Unha carruaxe branca"). Dise que foi a primeira canción dos seus innumerables éxitos. Ela mesma comentou sobre esta composición, que -a beleza da canción e do son, atraeu a moitos namorados-. Esa canción foi lanzada no ano 1946, é dicir logo da posguerra alemá.
Lys Assia tivo como inspiración a un profesor de ballet clásico de Zürich, ao cal debe o seu nome artístico.
Casada con Oskar Petersen, o dono dunha importante cadea de hoteis, foi moi feliz con el ata o ano 1995, no cal Lys e Oskar tiveron un fatídico grave accidente de tráfico que lle custou a vida a Oskar. Lys estivo cinco meses prostrada nunha cadeira de rodas.
En 1996 sufriu un infarto, que tamén superou. Ela mesma comentou que tras ese infarto se fixo máis humana e sensible.
Unha das últimas aparicións de Lys foi no show Congratulations que conmemoraba o 50º aniversario de Eurovisión. No devandito evento, onde presentou a última gañadora do certame, dixo: pasaron moitos anos, pero aínda seguimos aquí xuntos.
No 2011, con 87 anos de idade, Lys Assia presentouse coa canción "C'était ma vie" ("Era a miña vida") á preselección suíza para intentar volver por cuarta vez ao Festival de Eurovisión 2012. Actuou na final suíza co mesmo vestido que levaba no Festival de Eurovisión 1956.[1] Pero que non resultou elixida, quedando en 8º posición [2]
Un ano despois, volveu presentarse candidata para representar a Suíza no Festival de Eurovisión 2013, con "All in your head" ("Todo está na túa cabeza"), un tema algo máis moderno e rápido, actual como ela descríbeo, interpretado xunto co grupo rap NewJack.[3] Pero a canción non clasificouse para a final nacional[4]
Discografía
[editar | editar a fonte]- "Oh Mein Papa"
- "Ein kleiner goldner Ring"
- "Refrain"
- "Das alte Karussell"
- "Holland Mädel"
- "Jolie Jacqueline"
- "L'enfant que j'étais"
- "Giorgio"
- "C'était ma vie"
- "All in your head" (feat. NewJack)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://ogaespain.wordpress.com/2011/11/14/lys-assia-llevara-el-vestido-con-el-que-gano-el-primer-festival-de-eurovision-en-la-final-suiza//
- ↑ "Switzerland: “Unbreakable” to Baku; Full results online (UPD)!". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 08 de febreiro de 2014.
- ↑ http://www.eurovisionplattform.sf.tv/videos/all_in_your_head Arquivado 09 de outubro de 2012 en Wayback Machine. Lys Assia feat.NewJack: All in your head
- ↑ http://www.eurovision.tv/page/news?id=get_to_know_the_swiss_finalists Get to know the Swiss finalists!
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lys Assia |
Predecesor: Primeira edición |
Gañadores do Festival da Canción de Eurovisión 1956 |
Sucesor: Corry Brokken "Net als toen" |