Saltar ao contido

Maguncia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMaguncia
Mainz (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Alcumeמגנצא Editar o valor en Wikidata
EpónimoRío Main e Mogons Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 49°59′58″N 8°16′25″L / 49.9994, 8.2736
EstadoAlemaña
Estado federadoRenania-Palatinado - Rheinland-Pfalz Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación220.552 (2022) Editar o valor en Wikidata (2.256,75 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie97,73 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Rin e Río Main Editar o valor en Wikidata
Altitude94 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación12 a. C. Editar o valor en Wikidata
Evento clave
1689Siege of Mainz (en) Traducir
21 de outubro de 1792Siege of Mainz (en) Traducir
1793Siege of Mainz (en) Traducir
29 de outubro de 1795Battle of Mainz (en) Traducir
21 de novembro de 1813Siege of Mainz (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoNino Haase (pt) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal55116–55131 e 55001–55131 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico06131 e 06136 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSDEB35 Editar o valor en Wikidata
Número de municipio alemán07315000 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Watford (pt) Traducir (1956–)
Dijon (1958–)
Zagreb (1967–)
Rodengo (pt) Traducir (1977–)
Valencia (1978–)
Bakú (1984–)
Haifa (pt) Traducir (1987–)
Erfurt (1988–)
Louisville (1994–)
Kigali (2007–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webmainz.de Editar o valor en Wikidata
Facebook: lhmainz Twitter: Mainz_de Instagram: stadt_mainz Youtube: UCtinKPDf2Zeu8EFdn-ONqPw Pinterest: stadtmainz BNE: XX456615 Editar o valor en Wikidata

Maguncia[1] ou Mainz[2] (en alemán: Mainz) é a capital do Estado federado alemán (Land) de Renania-Palatinado. É unha cidade do suroeste de Alemaña, á beira do río Rin, onde desemboca o río Meno. É un porto fluvial destacado. Nela inventou a imprenta Johannes Gutenberg. Hoxe, Mainz volveu ser un centro dos medios de difusión, xa que alberga a sede da ZDF, a segunda canle da televisión alemá.

Aínda que foi gravemente destruída durante a segunda guerra mundial, a cidade conserva unha parte importante da cidade vella, na que destacan as construcións realizadas en pedra de cor vermella (areísca, principalmente).

Mainz ten universidade desde 1477, chamada Johannes Gutenberg, situada cerca do centro da cidade. O seu antigo campus non só comprende aulas e salas de conferencias, senón tamén vivendas, bares e restaurantes que constitúen un barrio independente.

Con 196.950 habitantes (en 31 de marzo de 2006), é a terceira cidade máis grande da Rexión Rin-Meno.

O seu equipo de fútbol FSV Mainz 05 xoga na primeira división (Bundesliga).

Restos dunha porta na muralla romana de Mogontiacum.
Armas de Mainz baixo o imperio de Napoleón.

Idade Antiga

[editar | editar a fonte]

Mainz foi fundada como fortaleza militar polos romanos no último terzo do século I a.C., co nome de Mogontiacum. Serviu de base a diferentes lexións, destacando desde finais do século I a Legio XXII Primigenia. Desde Domiciano, foi a capital da provincia Germania Superior.

Ao longo dos séculos I a IV, foi unha das principais fortalezas do limes do Rin e tivo un importante desenvolvemento urbano. A finais do século IV sufriu os embates dos alamáns.

A principios do século V foi destruída polos vándalos, ocupada polos hunos e definitivamente conquistada polos francos.

Idade Media

[editar | editar a fonte]

A cidade foi visitada contra o ano 965 polo viaxeiro hispano-xudeu Ibrahim ibn Ya'qub, quen se sorprendeu ao encontrar nela dirhams cuñados en Samarcanda e especias da India: pementa, xenxibre, cravo de olor, nardio indio, costo e galanga. Por esa época había tamén peles importadas de Rusia.

O viaxeiro acertou en describir a cidade principalmente como un gran mercado de cereais, mencionando especificamente o trigo, a cebada, o centeo, e tamén as videiras e a froita.[3]

Idade contemporánea

[editar | editar a fonte]

Seguindo a progresión cara ao Leste dos exércitos e das ideas da Revolución Francesa, proclamouse unha República de Mainz o 18 de marzo de 1793, que foi o primeiro Estado democrático en territorio alemán. Dita república foi efémera, xa que o día 21 pediu a súa incorporación a Francia, obténdoa o día 30. Este acontecemento conmemórase todos os anos o 11 de novembro, simbolizando así o 11 (día e mes) coa divisa da Francia republicana, ELF, (once en alemán, das iniciais de "Liberté, Égalité, Fraternité").

Cultura (e festas)

[editar | editar a fonte]

O Teatro Estatal de Mainz (Staatstheater Mainz) é o teatro estatal da cidade.

Mainz foi a Capital Europea da cultura no ano 2007.

En Mainz celébranse festas populares durante todo o ano. Os seus habitantes son coñecidos polo seu carácter aberto e a súa alegría de vivir, que demostran durante as (frecuentes) festas.

Domus Universitatis.
Desfile no carnaval.
Un Schwellkopp (cabezudo).
Xerra de cervexa.

Mainz é bastante coñecida polas súas celebracións do carnaval, que no sur de Alemaña se denomina Fastnacht, con desfiles e decoración das rúas. O luns de entroido é o día central das comparsas de bufóns e xograres. Toda a xente bótase á rúa convertendo a cidade nun mar de alegres cores.

O desfile do luns de entroido, con coches con alegorías políticas, cabezudos e xigantes, bandas de música, portadores de bandeiras e garda, vai abríndose camiño ao longo dunha multitude que celebra e baila sen parar.

Aquí, as cabezas xigantes (Schwellköpp, cabezudos) ou "Monumentos" son auténticas obras de arte, creadas durante meses por construtores e artistas que empregan materiais como cartón, madeira, papel e pintura.

A vida en Mainz no carnaval detense, con toda a xente nas rúas, bares ou salas cantando e bailando. É a festa popular por excelencia, con seis días e seis noites de duración; os disfrazados dan voltas por unha cidade en estado de excepción.

Open-Ohr-Festival

[editar | editar a fonte]

Os estudantes organizan o festival Open-Ohr-Festival (literalmente, "Festival da orella aberta") no que participan bandas de todo o mundo.

Noite de San Xoán

[editar | editar a fonte]
Monumento a Johannes Gutenberg no Museo Gutembreg.

A noite de San Xoán é unha das maiores festas de Mainz, declarada oficialmente de interese turístico internacional.

E na honra do fillo máis ilustre da cidade, Johannes Gutenberg, celébrase a Johannisfest, á que asisten centos de miles de persoas.

Tales festas datan de 1968. Catro días antes, a noite do 20 de xuño, os grupos folclóricos reúnense no centro da cidade, na Ludwigstrasse, as prazas do Mercado, Leichhof, Ballplatz e de Schiller, dando espectáculos de música e danza.

A atracción principal é o bautismo dos impresores, Gautschen, desde o alto do Johannis (Mercado do Libro e Museo na beira do Rin).

A Johannisnacht termina con grandes fogos artificiais sobre o Rin á noitiña.

Mercado do viño

[editar | editar a fonte]

No romántico parque municipal, na rosaleda, reúnense unha vez ao ano, a finais de agosto, os que queren gozar do viño. Con toda a familia chegan os naturais e os visitantes ao mercado do viño de Mainz para celebrar, degustar e charlar amplamente. Aquí trábanse rapidamente amizades entre os habitantes e os seus visitantes.[4]

Os grandes viticultores serven máis de 300 exquisitas variedades de caldos da rexión vinícola Rheinhessen (viños do Rin) nas numerosas casetas belamente decoradas. Estes deliciosos viños locais acompáñanse coas variadas especialidades gastronómicas da rexión (véxase abaixo, Oktoberfest).

Oktoberfest

[editar | editar a fonte]

As festas de outubro (Oktoberfest) de Mainz, a diferenza das que se celebran noutras localidades de Alemaña, especialmente da de Múnic, só se celebran no barrio de Hechtsheim. A celebración, establecida na cidade desde 2005, desenvólvese durante 10 días (normalmente, inclúense dous sábados).

Chegan a beberse 42.000 litros de cervexa Mainzer Aktien-Bier ou Wiesen Bier, fabricada unica e exclusivamente para a festa. No consumo de cervexa pode observarse unha clara tendencia á alza. Tamén se consomen grandes cantidades de polo asado e de diversos derivados do porco, salchichas, Handkäse, Spundekäse e Brezel. A Oktoberfest reflicte a evolución da historia do entretemento de Mainz. O número de visitantes en 2005 foi de 35.000.

Economía

[editar | editar a fonte]
Salón da uva no Museo Kupferberg.

Mainz foi tradicionalmente unha cidade dedicada á industria vinícola (Rheinhessen, Rheingau e Mittelrhein, son as tres denominacións de orixe da rexión), con exportacións de viño a todo o mundo. Tamén as de viño escumoso (o "Sekt" alemán), con Kupferberg e Henkell. Ademais da produción e comercialización de viño, tamén se cultivan froitas, cereais e hortalizas. Así mesmo, Mainz baseou a súa economía nas industrias impresora e cristaleira.

Despois da crise bodegueira a comezos dos anos 1980, actualmente a cidade busca diversificar a industria. Un sector económico fomentado con éxito é o do turismo, debido á gran personalidade da cidade.

Sede central da ZDF en Mainz.

De forma paralela, outras accións oriéntanse á conversión da cidade no centro loxístico da Alemaña suroccidental, con grandes superficies e naves de distribución, buscando as sinerxias entre o ferrocarril, o aeroporto e os portos achegados.

A ZDF, acrónimo da Zweites Deutsches Fernsehen ("Segunda televisión alemá"), con sede en Mainz, á unha canle de televisión pública alemá, rexida por unha axencia sen ánimo de lucro establecida conxuntamente polos Estados federados alemáns (Länder). A ZDF finánciase mediante un canon que se paga ao comprar cada televisor e coa publicidade.

A Südwestrundfunk ou SWR, que significa "Radiodifusión do Suroeste", é unha institución pública de radio e televisión destinada ao suroeste de Alemaña en xeral. A compañía ten tres oficinas centrais nas cidades de Stuttgart, Baden-Baden e Mainz.

Schott music ou Schott Musik International é unha das editoriais de música máis antigas e prestixiosas de Alemaña.

Panorámica de Mainz desde o Rin.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Monumentos e edificios relixiosos

[editar | editar a fonte]
  • Catedral de Mainz
  • Igrexa de Santo Emmeran
  • Igrexa de Santo Estevo
  • Igrexa de Santo Agustiño
  • Igrexa da Benaventurada Virxe María
  • Igrexa e torre de San Quintín

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Segundo o Diccionario Enciclopédico Galego Universal (Ir Indo Edicións, Vigo 2003) ou Begoña González Rei: Ortografía da Lingua Galega (Galinova Editorial, A Coruña 2004), anexo 4.1.4. Cidades do mundo.
  2. Denominación que figura no Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo (2009).
  3. Dutour, Thierry (2003): La ciudad medieval. Orígenes y triunfo de la Europa urbana, páxs. 111-113. Paidós, Buenos Aires, 2005. ISBN 950-12-5043-1
  4. sic, no orixinal, N. do T.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Imhof, Michael & Simone Kestin (2004): Mainz City and Cathedral Guide. Petersberg: Michael Imhof Verlag. ISBN 978-3-937251-93-6
  • Michelle Marty (1992): Mayence, ou l'Allemagne profonde Dijon: CRDP de Dijon. ISBN 2-86621-165-0

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]