Quo Vadis (filme de 1951)
Quo Vadis | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Quo Vadis |
Director | Mervyn LeRoy |
Produtor | Sam Zimbalist |
Guión | S. N. Behrman Sonya Levien John Lee Mahin |
Baseado en | Quo Vadis de Henryk Sienkiewicz |
Intérpretes | Robert Taylor Deborah Kerr Leo Genn Peter Ustinov |
Música | Miklós Rózsa |
Fotografía | Robert Surtees William V. Skall |
Montaxe | Ralph E. Winters |
Estudio | Metro-Goldwyn-Mayer |
Distribuidora | Loew's, Inc. |
Estrea | 8 de novembro de 1951 |
Duración | 171 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Épico, drama histórico |
Orzamento | 7,6 millóns de dólares[1] |
Recadación | 21 millóns de dólares |
Na rede | |
Quo Vadis é un filme estadounidense de 1951 dirixido por Mervyn LeRoy e producido por Sam Zimbalist. É un drama histórico e épico de Metro-Goldwyn-Mayer (MGM) en Technicolor. O guión é obra de John Lee Mahin, S.N. Behrman e Sonya Levien, adaptado da novela Quo Vadis (1896) do premio Nobel polaco Henryk Sienkiewicz. A banda sonora é obra de Miklós Rózsa e a fotografía de Robert Surtees e William V. Skall. O título é unha referecia a un incidente recollido nos apócrifos Feitos de Pedro.[2]
O filme está protagonizado por Robert Taylor, Deborah Kerr, Leo Genn e Peter Ustinov, xunto con Patricia Laffan, Finlay Currie, Abraham Sofaer, Marina Berti, Buddy Baer e Felix Aylmer. Anthony Mann traballou no filme durante catro semanas director de segunda unidade sen acreditar. Sergio Leone foi o director asistente sen acreditar dos extras italianos. As futuras estrelas italianas Sophia Loren e Bud Spencer aparecen como extras sen acreditar. O filme foi noemado a oito Premios Óscar (aínda que non gañou ningún), e foi un éxito de recadación tan grande que se lle atribuíu o mérito de rescatar a MGM da bancarrota.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Robert Taylor como Marco Vinicio
- Deborah Kerr como Lygia
- Leo Genn como Petronio
- Peter Ustinov como Nerón
- Patricia Laffan como Popea Sabina
- Finlay Currie como San Pedro
- Abraham Sofaer como Paulo
- Marina Berti como Eunice
- Buddy Baer como Ursus
- Felix Aylmer como Aulo Plaucio
- Nora Swinburne como Pomponia
- Ralph Truman como Tigellinus
- Norman Wooland como Nerva
- Peter Miles como Nazarius
- Geoffrey Dunn como Terpnos
- Nicholas Hannen como Séneca
- D. A. Clarke-Smith como Phaon
- Rosalie Crutchley como Acte
- John Ruddock como Chilo
- Arthur Walge como Croton
- Elspeth March como Miriam
- Strelsa Brown como Rufia
- Alfredo Varelli como Lucano
- Roberto Ottaviano como Flavius
- William Tubbs como Anaxander
- Pietro Tordi como Galba
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hall, Sheldon; Neale, Steve (2010). Epics, Spectacles, and Blockbusters: A Hollywood History. Detroit, MI: Wayne State University Press. p. 137. ISBN 978-0-8143-3008-1.
- ↑ A palabras "quo vadis" aparecen como unha pregunta cinco veces na biblia en latín – en Xénese 16:8, Xénese 32:17, Xuíces 19:17, Xoán 13:36 e Xoán 16:5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quo Vadis |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Quo Vadis na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)