Saltar ao contido

Trombidiformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Trombidiformes constitúen unha ampla e diversa orde de ácaros, que comprende unhas 125 familias e máis de 22.000 especies descritas.[1] O grupo ten poucas sinapomorfias que o definan, a diferenza do outro gran grupo de Acariformes, os Sarcoptiformes.[2] Caracterízanse por ter segmentos AN e PA anamórficos (non engadidos durante a ontoxenia), segmento C histerosomal con menos de catro pares de setas, e segmentos histerosomais D e E con menos de dous pares de setas.[3] Entre os seus membros hai algúns medicamente importantes (como os Demodex, algúns dos cales viven nos humanos, e os Trombiculidae) e moitas especies importantes para a agricultura, como os Tetranychidae e os ácaros das bugallas (Eriophyidae).[2] Os Trombidiformes poden dividirse en dous grupos: Sphaerolichida e Prostigmata.[2]

  1. David Evans Walker (2004). "Hidden in Plain Sight: Mites in the Canopy". En Margaret Lowman, H. Bruce Rinker. Forest Canopies. Physiological Ecology Series (2nd ed.). Academic Press. pp. 224–241. ISBN 978-0-12-457553-0. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Heather Proctor (August 9, 1998). "Trombidiformes. Trombidiform mites". Tree of Life Web Project. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2015. Consultado o June 9, 2010. 
  3. OConnor, B.M. 1984. Phylogenetic relationships among higher taxa in the Acariformes, with particular reference to the Astigmata. pp. 19-27 in D.A.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]