Tresviso
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
Capital | Tresviso | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 58 (2023) (3,57 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 16,23 km² | ||||
Altitude | 907 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Francisco Javier Campo Campo | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 33554 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 39088 | ||||
Páxina web | tresviso.net |
Tresviso é un concello situado no extremo occidental da comunidade autónoma de Cantabria (España), na comarca de Liébana. É un dos máis pequenos de Cantabria, tanto por extensión como por poboación, tendo censados no 74 habitantes (INE 2011), e componse dun só núcleo. A localidade está situada a 907 metros de altitude e atópase a unha distancia de 91 quilómetros da capital cántabra, Santander.
Limita polo norte con El Valle Altu de Peñamellera e El Valle Baju de Peñamellera (Asturias), polo sur con Cillórigo de Liébana, polo leste con Peñarrubia e polo oeste con Cabrales (Asturias).
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O seu nome Tresviso provén da derivación montañesa tres-visu do latín trans visum, ou ben do tamén latín trans abyssum, "tralo abismo".
Xeografía
[editar | editar a fonte]Tresviso áchase nun burato de paredes calcarias preto do Río Urdón. Limita, co Cantu la Jorcaúra e Las Ruyas, polo norte; El Cuetu, polo sur; os invernais de Prías e a senda de Urdón, polo leste; e a Loma de la Mesa, polo oeste.
Este municipio caracterízase polo illamento no que a comunicacións se refire. De feito, o único acceso por estrada que existe realízase desde a localidade asturiana de Sotres e é necesario cruzar o Jitu Escarandi.
Para os excursionistas, destacar a subida de 6 quilómetros pola senda de La Peña que separa Tresviso de Urdón. Nela sálvase un desnivel duns 825 metros a través dun tortuoso sendeiro cheo de curvas no que destaca o impoñente balcón de Pilatos, un miradoiro natural do Río Urdón en completa verticalidade cunha caída de máis de 600 metros.
Outra rota montañeira que pode facerse, desde Tresviso, é a ascensión ao Cuetu la Cerralosa, a 1.552 metros de altitude, así como outros cumios próximos: Cantu la Jorcaúra, Cuetu las Rubias e o Cantu Sulasfuentes.
Economía
[editar | editar a fonte]Situado integramente no Parque Nacional dos Picos de Europa, Tresviso ten como principal actividade a gandaría de vacún, ovino e caprino, sendo o produto máis famoso o queixo picón de Tresviso. Tamén cabe destacar unha incipiente actividade turística. Este feito está freando lixeiramente a tendencia emigratoria que viña arrastrando Tresviso en particular e a zona en xeral. Un 30 % da poboación activa de Tresviso emprégase no sector primario, un 25 % na construción e un 45 % no sector terciario. Cabe destacar a inexistencia de actividade industrial no municipio.
Demografía
[editar | editar a fonte]1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2009 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
377 | 414 | 485 | 433 | 394 | 395 | 319 | 178 | 91 | 94 | 60 | 80 |
Fonte: INE
Administración
[editar | editar a fonte]
|
|
Festas
[editar | editar a fonte]Celébrase a Festa do Ramo polo San Pedro, o 29 de xuño.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Adrados, M.Á.: «Ruta D-1. Tresviso. Visita (ascensión) a la aldea desde Urdón», en Picos de Europa, Ascensiones y travesías de dificultad moderada. ISBN 84-922363-3-7, páxinas 108-111.
- Obregón Goyarrola, F.: «39. Tresviso. Ascensión desde Urdón», en 50 rutas por las montañas de Cantabria. ISBN 84-87934-20-X, páxinas 216-220.
- Obregón Goyarrola, F.: «93. El Cuetu la Cerralosa (1559). Circuito-ascensión desde Tresviso», en Nuevas rutas por las montañas de Cantabria. ISBN 84-87934-36-6, páxinas 232-236
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tresviso |