Esténdese sobre unha superficie de 30,1 km² no límite norte da comarca pasiega, entre as cabeceiras dos vales de Toranzo e Carriedo, atravesados polos ríos Pas e Pisueña respectivamente.
Os núcleos de poboación do concello (ten 1115 habitantes) aséntanse ao sur da Serra Manzano, a cal coroa os cotos de Sopeña (532 metros) e Caballar (656 metros). No centro elévase o coto de San Martín (319 metros), que ten dúas vertentes, pola occidental descende o arroio de La Plata e pola oriental numerosos regos que dan ao río Pisueña (Bustillo, Socorral, Álamos).