Saltar ao contido

Valdeolea

Modelo:Xeografía políticaValdeolea
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°52′40″N 4°09′44″O / 42.877777777778, -4.1622222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria Editar o valor en Wikidata
CapitalValdeolea (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación882 (2023) Editar o valor en Wikidata (10,54 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie83,72 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude953 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataFernando Franco González Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal39418 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE39092 Editar o valor en Wikidata

BNE: XX454209

Valdeolea é un concello situado na comunidade autónoma de Cantabria (España), na comarca de Campoo-Los Valles. Limita polo norte con Hermandad de Campoo de Suso e Campoo de Enmedio, polo oeste con Valdeprado del Río e polo leste e sur con Brañosera (Palencia).

Atópase na vía natural de comunicación entre Palencia e Santander, xunto á estrada nacional N-611 e o ferrocarril. O seu territorio pertence case na súa totalidade á cunca do Douro.

Localidades

[editar | editar a fonte]

Os seus 1301 habitantes (INE, 2006) repártense por:

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
«O Cabezudo», de 4,85 metros, é o menhir máis alto de Valdeolea.

Valdeolea destaca polo seu patrimonio natural, artístico e cultural. A súa xeografía está repleta de exemplos de arte románica, incluíndose dentro do País del Románico, así como de megalitismo, con numerosos menhires dispersos por boa parte do territorio, algo inédito en Cantabria. Destacan os seguintes bens de interese cultural no municipio:

  • Ermida de San Miguel, en Olea, con categoría de monumento.
  • Igrexa de Santa María a Real, en Las Henestrosas de las Quintanillas, monumento; ten pinturas góticas.
  • Igrexa de San Martín en San Martín de Hoyos, monumento.
  • Igrexa de Santa Eulalia, en La Loma, monumento; ten pinturas góticas.
  • Igrexa de San Juan Bautista, en Mata de Hoz, monumento; ten pinturas góticas.
  • Torre Medieval en San Martín de Hoyos, monumento.
  • Sitio arqueolóxico romano-medieval de Camesa-Rebolledo, con categoría de zona arqueolóxica. Trátanse dos restos arqueolóxicos dunha vila romana que, ao parecer, podería pertencer a Octaviolca. Ten restos arqueolóxicos correspondentes a un dilatado período histórico: desde a romanización até a Idade Media.
  • Sitio arqueolóxico do monte Ornedo, zona arqueolóxica.

Ademais, hai dous Bens de interese local:

  • Edificio nobre de Henestrosas de las Quintanillas.
  • Ponte de Casasola en Casasola.

E tres Bens inventariados:

  • Ponte de Santa Olalla
  • Ponte de Reinosilla
  • Unha das locomotoras de vapor ("Udías, María, Revilla, Peñacastillo, Reyerta e Begoña 3"), en concreto a locomotora Begoña 3, localizada en Mataporquera.

No que respecta ao patrimonio natural destaca o río Camesa, afluente do río Pisuerga.

Economía

[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente, as actividades económicas do municipio foron as do sector primario: agricultura e gandería, pero grazas ao núcleo industrial de Reinosa e ao turismo que frecuenta a comarca, a actividade desprazouse cara aos sectores secundario e de servizos.

O municipio conta cun relevante tecido industrial cuxo máximo representante é Cementos Alfa: cementeira asentada en Mataporquera (a capital municipal).

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2006
2.335 2.600 2.805 3.087 3.106 4.033 4.592 3.515 2.310 1.947 1.503 1.301

Fonte: INE

Administración

[editar | editar a fonte]
Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 429 44,09 % 5
PP 312 32,07 % 3
PRC 147 15,11 % 1
  • Alcalde electo: Ángel Calderón Sainz (PSC-PSOE).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 428 48,14 % 5
PP 263 29,58 % 3
PRC 141 15,86 % 1
  • Alcalde electo: Ángel Calderón Sainz (PSC-PSOE).